jueves, 3 de enero de 2013

"El nombre del viento" e "El temor de un hombre sabio", de Patrick Rothfuss.



     Hoxe vouvos a falar de dous libros, que forman parte da triloxía que leva o nome de “Crónica del asesino de reyes”. As dúas partes publicadas desta triloxía son “El nombre de viento” e “El temor de un hombre sabio” .

   E son dúas OBRAS DE ARTE. En maiúsculas.

   O xénero no que se 
encadran os libros é o
da fantasía. Pero se alguén se espera aneis máxicos, trols, ou incluso a un primo de  Harry Potter, ou a violencia humana e  sanguenta da Canción de Hielo y Fuego  (outra obra de arte), o leva claro. O mundo que nos presenta está máis preto da realidade, enriquecido ou seu tempo con outras realidades paralelas como orixe dos seres fantásticos que poboan a obra. E unha historia moito máis realista, adulta, escura e, especialmente, poética que a maioría das obras deste xénero.. Ademais, non se queda nun formato estándar, pois é unha historia de amor, unha  historia iniciática (con universidade, pero nada parecido a Hogwarts, e tamen coa sua viaxe a países lonxanos)  unha historia de maxia e bruxería, …. A verdade é que escapa dos clichés cunha habilidade que xa querería para el Cristopher Paolini (autor de Eragon e das tres partes que o seguiron, onde tanto se empeñou en non parecerse o Señor dos Aneis  que era de onde bebía a súa inspiración, que cara a metade da obra da a impresión de que non sabia nin o que estaba a escribir).

   Dixen antes especialmente poética porque a alma da obra, e un dos eixos sobre os que xira, é a musica. O autor é poeta, e o protagonista, entre outras moitas cousas, é musico. E a propia musica ten un peso especifico moi importante na obra. Creo que os músicos van entender toda a historia doutro xeito.
  O outro eixo o redor do cal xira a historia e a vida do protagonista, unha personaxe que de principio aparécenos oculto nalgún lugar perdido, vivindo como un simple taberneiro, nun momento histórico que se nos insinúa escuro. A partir dese punto é o propio protagonista o que nos conta a súa historia, dende a súa nenez como membro dunha troupe itinerante, onde ocorre algo que marca todo o resto da historia do protagonista, e da novela,  arrastrándonos con el irremediablemente grazas a unha prosa totalmente aditiva. Con estes libros eu sempre digo o mesmo que coa obra de Terry Pratchet (do que falarei outro dia) : non é o “que” conta o escritor  o que fai a historia tan boa ou aditiva, é o “como” o conta.

Non quero contarvos moito do que ocorre (e ocorren moitisimas cousas)  para iso teredes que ler a obra, pero o que vos podo dicir é que de todo o publicado nos últimos  anos non creo que haxa moitas obras que poidan presumir de ser tan aditivas ou de estar tan ben escritas.

O que si vou facer é deixarvos as liñas da contraportada de “El nombre del viento”, sacadas da propia novela:

«He robado princesas a reyes agónicos. Incendié la ciudad de Trebon. He pasado la noche con Felurian y he despertado vivo y cuerdo. Me expulsaron de la Universidad a una edad a la que a la mayoría todavía no los dejan entrar. He recorrido de noche caminos de los que otros no se atreven a hablar ni siquiera de día. He hablado con dioses, he amado a mujeres y escrito canciones que hacen llorar a los bardos.

Me llamo Kvothe. Quizás hayas oído hablar de mi.»

Non me digades que non dan ganas de léelo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario